domingo, 4 de noviembre de 2012

El síndrome de inmunodeficiencia social

El síndrome de inmunodeficiencia social

José Antonio Marina. (El Mundo Orbyt, 23 marzo 2012)



Resumo

José Antonio Marina emprega o concepto de síndrome de inmunodeficiencia para aplicalo a unha dimensión social. Afirma que existen sociedades sas así como tamén sociedades enfermas. A nosa sociedade é unha sociedade infectada, enferma. Xustifica esta afirmación alegando a indiferencia coa que tratamos os casos delituosos que se producen no ámbito político e empresarial, así como a perda de confianza nas institucións e a desmoralización ética. “No nos escandalizamos ya por nada” advirte alarmante Marina, mentres reflexiona na gran facilidade social para habituarse a calquera cousa.
A continuación, o filósofo, analiza as que el considera as causas desta patoloxía. Primeiramente, a carencia de pensamento crítico, seguido da convicción social da impunidade das inxustizas, o pesimismo escéptico que envolve a cidadanía, o gran erro de considerar a tolerancia como a gran virtude da democracia. O feito de ser tan transixentes provoca que para percibir comportamentos deshonestos, cada vez teñan que ser dunha dimensión máis grande, máis escandalosos.
Para corrixir esta patoloxía, o autor propón unha serie de solucións, tales como o castigo exemplar, o fomento do pensamento crítico: “criticar no significa atacar, sino separar el polvo de la paja, lo bueno de lo malo, lo estúpido de lo inteligente, lo socialmente aceptable de lo inicuo”  e por último, a participación política dos cidadáns.
Para rematar trata un último punto, no que explica as catro institucións que aseguran o progreso e unha convivencia xusta: democracia, tecnoloxía, racionalidade científica e mercado libre. Aclara que son institucións suicidas, isto é, que sen algún tipo de control,  funcionando ó seu libre albedrío, poden resultar destrutivas para o ser humano. Por este motivo, deben de estar sometidas á un marco ético.
Marina destaca a educación como peza esencial da repulsa social, o gran antídoto contra esta patoloxía que asoballa a sociedade.


Claves sobre as que nos imos a documentar

Ó longo do texto aparecen unha serie de aspectos que sería preciso analizar para comprender correctamente o contido da lectura. Segundo o meu criterio, son os seguintes:

-          É moi importante coñecer e informarse, aínda que sexa brevemente, sobre a a autoría do artigo. O feito de saber quen é ou quenes son os autores e ter una idea do seu percorrido profesional, axudaranos a contextualizar o texto. Deste xeito, para atopar unha biografía o máis fidedigna posible de José Antonio Marina, dirixinme á súa páxina oficial, que actualmente está en construción. Na miña procura, atopei tamén dous blogs do autor. Un está dedicado ás súas reflexións, e o outro podería considerarse a súa páxina persoal. Nela explícase que José Antonio Marina é catedrático de Instituto, filósofo e ensaísta. Centrou o seu labor investigador no estudo da intelixencia. É autor, entre outros moitos ensaios, de Eloxio e refutación do enxeño (Premio Anagrama de Ensaio e Premio Nacional de Ensaio), Teoría da intelixencia creadora, Ética para náufragosLa intelixencia fracasada e Por que son cristián. É colaborador habitual en prensa, radio e televisión. Actualmente encóntrase comprometido cos proxectos Mobilización Educativa e a Universidade de Pais, que teñen por fin enfrontar os retos educativos do presente.

-          Prestando atención agora ó contido do artigo, considero conveniente explicar o significado de síndrome de inmunodeficiencia humana, xa que a partir deste concepto o autor desenvolve a súa teoría sobre a inmunodeficiencia social.
O máis correcto pareceume recorrer á páxina web da OMS (Organización Mundial da Saúde), onde se explica que “el virus de la inmunodeficiencia humana (VIH) infecta a las células del sistema inmunitario, alterando o anulando su función. La infección produce un deterioro progresivo del sistema inmunitario, con la consiguiente inmunodeficiencia. Se considera que el sistema inmunitario es deficiente cuando deja de poder cumplir su función de lucha contra las infecciones y enfermedades. El VIH puede transmitirse por las relaciones sexuales vaginales, anales u orales con una persona infectada, la transfusión de sangre contaminada o el uso compartido de agujas, jeringuillas u otros instrumentos punzantes. Asimismo, puede transmitirse de la madre al hijo durante el embarazo, el parto y la lactancia”.
Existe un portal dedicado ás persoas con discapacidade, no que podemos achar tanto noticias, como eventos conducidos a dar información sobre este virus ou dirixidos ó colectivo afectado. Dispón tamén dunha enciclopedia con datos sobre o virus: descrición do mesmo, síntomas, diagnóstico, prevención, tratamento e pronóstico. 

-          Seguidamente, sería interesante unha aproximación ó concepto de pensamento crítico. Nesta páxina podemos atopar varias interpretacións de numerosos docentes latinoamericanos sobre o termo, o que nos axuda a formar unha visión propia sobre a idea. Unha das definicións que máis me convenceu, foi o entendemento do pensamento crítico como “[…] unha actitude intelectual cuxo obxectivo é analizar ou avaliar a estrutura e consistencia dos razoamentos, en particular as opinións que na vida cotiá acostuman aceptarse coma verdadeiras […]”. Esta web tamén nos ofrece artigos xornalísticos, entrevistas, esquemas, investigacións e mesmo cita libros nos que se trata o tema.

-          A continuación, Marina fala de gregarismo sectario. Como non entendía a que se estaba a referir con esta expresión, busquei no dicionario da RAE o significado da palabra gregario, da que deriva gregarismo. Das catro acepcións que aparecen, a que ó meu xuizo se corresponde máis a este caso é a seguinte: “Dicho de una persona, que, junto con otras, sigue ciegamente las ideas o iniciativas ajenas”. Podo deducir entón, que o autor indica que a sociedade se deixa levar polo que a maioría pensa. Os cidadáns prefiren adaptarse ó pensamento alleo por comodidade, en lugar de empregar o seu propio sentido crítico.

-          Na seguinte liña a gregarismo sectario, o filósofo emprega a palabra capillita, descoñecida para min. Custoume bastante localizar algún tipo de aclaración para este termo, pero finalmente din cun blog no que se expón do seguinte xeito: “[...]persona, hombre o mujer, que visita todas las iglesias y capillas de Sevilla, sabe mas que nadie de cofradías, cuenta el tiempo de la chicotá de tal o cual paso y el tiempo justo en que se quedó el corneta de la banda tocando un solo que se mete por los oidos y te deja sordo para una semana”. A autoría do blog agóchase baixo un personaxe ficticio, Teodoro-Gallo. Este “galo” trata temas de actualidade política, económica, relixiosa...moitas veces dándolle un ápice de humor. A modo de exemplo, no seguinte link, podemos ver unha entrada na que satiriza a figura do capillita. 

-          Con respecto a creencias patógenas, o propio Marina proporciona unha información moi completa a cerca desta idea. “[...] Las creencias surgen en el desarrollo, a partir del autoconcepto, como una idea de lo que somos que cada uno elabora, pero también surgen de la cultura en la que crecemos, a través de las normas y costumbres sociales, de las leyes y las condiciones políticas y económicas, o a través de la religión. Las creencias son importantes determinantes de modos estables de comportamiento que pueden tener consecuencias positivas o negativas. Las creencias patógenas comparten una serie de elementos comunes, según Beck: 1) son inferencias arbitrarias: conclusiones firmes sin evidencias que las apoyen, 2) usan una abstracción selectiva: valoran una experiencia por un detalle, ignorando otros más importantes, 3) generalizan excesivamente: de lo particular extraen una creencia general, 4) magnifican o minimizan: lo perjudicial se agranda y lo digno de orgullo se reduce, 5) provocan pensamientos absolutistas o dicotómicos: clasifican todas las experiencias en categorías opuestas y absolutas, adjudicándose la categoría negativa. Estas creencias son hábitos contraídos que operan a escondidas desde la memoria, produciendo graves sesgos en la evaluación sentimental. Clarificarlas y cambiarlas es una solución posible. ¿Cómo se adquieren las creencias? La matriz personal, junto con las experiencias de una persona, dan lugar a su conjunto de creencias. Al ser hábitos explicativos, las creencias serán de una u otra manera según como una persona explique las causas de sus éxitos, y sobre todo de sus fracasos [...]”.

-          O filósofo propón o castigo ejemplar como solución a esta inmunodeficiencia social. Este blog histórico, editado por Ramiro Sánchez Crespo, profesional da banca e historiador vocacional,  identifica nunha das súas entradas La Decimatio, o diezmo de las tropas, con un castigo exemplar. “[...] Debe entenderse que esta era una medida excepcional, que se aplicaba sólo ante casos extremos de cobardía de las tropas. Consistía en lo siguiente: La cohorte (o cohortes) seleccionadas para el castigo por Decimatio se dividían en grupos de 10. Cada grupo realizaba un sorteo en el que se escogía aleatoriamente al miembro del grupo que recibiría el castigo; este era ejecutado por sus propios compañeros de grupo, por lapidación o a base de golpes. Los soldados supervivientes era puestos en racionamiento de víveres y forzados a dormir fuera del campamento fortificado, lo cual, en caso de estar en zona de guerra, era garantía segura de peligro. Como el castigo se aplicaba por sorteo, todos los soldados de la cohorte sentían el peligro de acabar siendo diezmados, no importaba cuál fuera su rango o méritos previos”.

-          Avanzando no texto, menciónase o informe Crick que o mesmo José Antonio Marina aclara nun artigo escrito nunha comunidade de mestres na rede. Trátse dun informe oficial presentado ó Goberno do Reino Unido por un grupo de asesores de gran nivel e dirixido por Bernard Crick, de aí o seu nome. “[...]Consultaron a numerosas instituciones y personas, e hicieron un brillante análisis sobre la necesidad y las dificultades de la introducción de la Ciudadanía dentro del currículo educativo, cosa que se hizo en el año 2002. Los objetivos que plantea el informe Crick son el fomento de la responsabilidad social y moral, de la implicación comunitaria y la ampliación de la cultura política. […] La amplitud del proyec
to, que incluye aspectos psicológicos (p.e. la educación de la asertividad) hasta conocimientos de política y economía. No sólo atiende a aspectos teóricos sino que fomenta la participación activa. Aconsejaban que se le dedique el 5% del currículo, y que sea evaluable, aunque con una evaluación diferente a las demás asignatura”.

-          Seguidamente ó informe Crick, aparece unha alusión ó programa Eurydice. Unha rede institucional europea de información sobre educación, creada pola Comisión Europea e os Estados Membros en 1980 co obxectivo de impulsar a cooperación no ámbito educativo. Na páxina web do Ministerio de Educación podemos atopar una descrición máis minuciosa das bases deste programa. 


-          Por último, e non por iso menos substancial, gustaríame deixar constancia dunha serie de datos que considero moi enriquecedores á hora de falar da “corrupción”, da “proliferación de casos delictivos en el mundo político, y en el mundo empresarial” da “quiebra de la confianza en las instituciones” e da “desmoralización”.
Transparencia Internacional (TI) é unha organización con sede en Berlín que publica cada ano, dende 1995, un índice de percepción da corrupción (Corruption PerceptionsIndex), que cualifica aos países do mundo dando unha puntuación de 10 para un país percibido como "transparente" e 0 para un visto como "totalmente corrupto". No ano 2011 estudaron 183 países. Nova Zelandia obtivo unha nota de 9,5; Dinamarca e Finlandia de 9,4; Suecia de 9,3; Noruega de 9 e Holanda de 8,9. Son os países máis transparentes de acordo con este estudo de TI, mentres que Corea do Norte, Iraq, Somalia, Sudán, Myanmar e Afganistán ocupan os últimos postos, é dicir, son moi corruptos. España acadou unha nota de 6,2 e o posto 31 en transparencia, un posto máis baixo que o do ano 2010, no que ocupaba o lugar 30. Dende o ano 2004, no que ocupaba o posto número 23, España foi descendendo no ranking, e cada ano que pasou volveuse cada vez, relativamente, máis corrupto.
Só cinco países non pertencentes á OCDE se atopan entre os 25 primeiros: Singapur, Hong Kong, Barbados, Bahamas e Qatar. Se comparamos o índice de corrupción, co  Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) da ONU, podemos ver unha relación interesante. Os países que ocupan os rangos mais elevados no IDH, son os que mellor puntuación obteñen no índice de corrupción. E esto é porque a corrupción afecta negativamente ó crecemento económico. Frea a inversión estranxeira e tamén a inversión nacional. Todo este capital irá parar a outros países nos que a confianza sexa maior, truncando, por exemplo, a xeración de emprego, a renova tecnolóxica empresarial ou simplemente vendo mermar os beneficios. O único que beneficia a corrupción é a xeración de mercados negros.
Despois desta visión globalizada, gustaríame salientar o wiki #NoLesVotes, no que podemos atopar un mapa realizado coa colaboración de moitos interesados, no que se reflicten os lugares e o tipo de actividade corruptiva levada acabo polos partidos políticos en España.
Neste artigo, Enrique González Duro, psiquiatra e autor de varias biografías de líderes políticos comenta algo realmente considerable: “Cuando una élite se corrompe, corrompe toda la sociedad. Y nuestra élite, en mayor o menor medida, es bastante corrupta. Hay grandes corruptos en la élite, pequeños corruptos y gente que mira para otro lado, y eso también es ser corrupto. Y cuando digo que corrompe a toda la sociedad, es porque la sociedad percibe que el tío que hace dinero es un listo, un triunfador, una persona envidiada. Vivimos en una sociedad corrompida en la que el fraude es envidiado. El caso de Mario Conde es paradigmático. Cuando ya todo el mundo sabía que este hombre era un corrupto, seguía siendo el ídolo de una parte de la juventud española que deseaba ser como él. Y ahora va a presentarse a las elecciones gallegas con un partido... ¡Un delincuente convicto!”. Outra frase moi destacable deste artigo é  “Roban, pero hacen”.
Non teño moito máis que engadir ó xa comentado. A corrupción consíntese porque se ve como algo inseparable ó exercicio do poder. Porque actuamos pasivamente. Porque somos permisibles. Porque nos conformamos co malo que temos. Por vagancia a loitar e dar un paso máis alá en busca de algo mellor. De todos os xeitos, é un problema de índole social.


Bibliografía

Organización Mundial de la Salud. Temas de Salud. VIH/SIDA [en liña] http://www.who.int/topics/hiv_aids/es/
ech
Eduteka. Pensamiento crítico. Grupo Editorial Norma [en líña]

Teodoro-Gallo. Algunos capillitas están que no entran su traje negro de un lado para otro. 16 abril 2011 [en liña]

http://teodoro-gallo.lacoctelera.net/post/2011/04/16/algunos-capillitas-estan-no-entran-su-traje-negro-un-lado

Marina, José Antonio. Descendiendo a la realidad concreta. El carácter: Los hábitos cógnitivos,    capítulo 8 [en liña] http://www.movilizacioneducativa.net/capitulo-libro.asp?idLibro=92&idCapitulo=8

Sanchez Crespo, Ramiro. La Decimiato, el castigo ejemplar. 6 marzo 2007 [en liña http://www.historiaclasica.com/2007/03/la-decimatio-el-castigo-ejemplar.html

Marina, José Antonio. El informe Crick. Educación para la Ciudadanía y Los Derechos Humanos [en liña] http://www.ciudadania.profes.net/ver_noticia.aspx?id=9992

lunes, 22 de octubre de 2012

Estudo Documentación Informativa.


Resumo

Ó longo deste traballo veremos como se desenvolveu, a  evolución e os comezos que conformaron o que hoxe entendemos por documentación. Tamén se analizarán diversos ámbitos comprendidos dentro da materia, coa finalidade de obter un resultado final que nos oriente do papel da documentación no ámbito da información.

Palabras clave

Documentación, Evolución, Información, Especialización, Orden, Xornalista.

Introdución

Cara fins do século XIX,  Paul Otlet  e  Henri La Fontaine, ambos belgas e estudados da avogacía, lograron  o estatuto de disciplina científica autónoma para a documentación. O termo documentación foi primeiramente empregado para designar o proceso concreto de recollida, tratamento, arquivo, busca e difusión de documentos. O perfeccionamento desta nova ciencia veu da man da II Guerra Mundial, pola cantidade de información que ía xurdindo e a necesidade de documentación. A cooperación de todos os científicos a nivel mundial, era o propósito de  Otlet, e algo totalmente impensable naqueles tempos, nos que transcorría moito tempo entre un avance científico e a súa difusión.
Coa chegada de ordenadores ós xornais e demais centros informativos, todo o que antes se facía manualmente pasa a realizarse dun xeito automático, favorecendo a creación de verdadeiros almacéns informatizados, tanto de textos como de sons, organizados e permitindo así a súa procura sinxela e automática. As últimas tecnoloxías acomódanse á perfección para a selección, análise, recuperación e difusión da información.  
Internet é aquela ferramenta que Otlet procuraba, un enorme núcleo documental no que reside todo tipo de información actualizada procedente de todo o mundo.

Concepto

Aínda que existen numerosas definicións deste concepto, unha serie de características son comúns en todas as explicacións. Isto é que a labor documental pode considerarse como un traballo de interpretación e transformación das mensaxes a través dun proceso, que pode sintetizarse do seguinte xeito:

  • Selección do material sobre o que se traballará.
  •  Análise ou representación do contido do documento baixo unha forma diferente á súa orixinal.
  • Recuperación, ou proceso de búsqueda.
  • Difusión, ou transmisión ao usuario da información que necesita. É o desenlace de todo o proceso documental, sendo o verdadeiro obxectivo da documentación.

O profesor López Yepes chegou a entender a documentación dun xeito máis científico. Estableceu dúas posibles definicións. Por un lado refiriuse á ciencia da documentación e información e por outro lado, á ciencia da documentación en xeral. No primeiro caso, a ciencia da documentación é ciencia á par que información, mentres que no segundo, aproveitase dos conceptos das ciencias dos procesos informativos.




Principios

Segundo Félix del Valle Gastaminza, Doutor en Ciencias da Información e Profesor titular na Universidade Complutense de Madrid, os principios da documentación da información comprenden dous ámbitos, o teolóxico e o formal.
En canto ó teolóxico, marcado polos obxectivos fundamentais da información xornalística, isto é, a verdade informativa e a súa comprensión por parte do destinatario, abarca tres tipos. O principio verificativo, como a causa orixinaria fundamental da actividade documental xornalística, polo cal esta se orienta cara á consecución da verdade informativa; o principio explicativo, causa final específica da actividade documental xornalística, que axuda ó entendemento da verdade informativa mediante a valoración e potenciación da comunicabilidade dos textos. E o principio editorial, o cal constitúe unha perspectiva subxectiva das anteriores e reúne dúas dimensións: a ideolóxica (liña editorial do medio) e a formal.
Por outra banda, o formal e circunstancial, asevera que a razón de ser da documentación está no seu posterior uso, polo que é necesario determinar a utilización futura das fontes. Dentro desta categoría preséntase o principio de perdurabilidade, como a razón formal da actividade documental xornalística, que tende a fixar a utilidade futura e o grao de permanencia de textos e referencias; o principio de adecuación funcional, regra metodolóxica na actividade documental xornalística, pola cal esta se orienta ao tratamento específico que precisa cada tarefa e medio documental, de acordo coa súa natureza e a función que realiza.  O derradeiro principio, o limitativo, supón o conxunto de circunstancias reais da actividade documental xornalística, que limitan o seu exercicio: localización, ámbito de difusión, tipo de publicación ou periodicidade, entre outras.

Características da información de actualidade

As noticias teñen antecedentes e consecuencias, produto da actividade política, económica, social e cultural que a xente realiza no seu día a día. As noticias dependen unhas das outras. Por este motivo, a función dos medios de información non só radicará en dar noticias, senón en ofrecer ó lector información documentada, na que cada noticia sexa vista en función das súas relacións co resto da información de actualidade.
A información documentada parte dunha investigación previa, que tratará de explicarse, precisarse o máis posible, e que polo tanto, tratará de ser obxectiva. Sen embargo, a carencia de tempo, habitual nos medios de comunicación, obriga a discernir entre o que vale e o que non vale a pena de entre o exceso de fontes documentais e a sobrecarga de información.
As principais características da información de actualidade dende a perspectiva do traballo documental son expostas por Amat e Blasco (Rev.Esp.Doc.Cient. 19, 2. 1996):
  1.  Coincidencia episódica. As mesmas noticias son ofrecidas por todos os medios diarios nas mesmas datas e posteriores, así como nas revistas xerais nas súas datas de publicación e nos espazos informativos non diarios dos medios audiovisuais. A causa é sobre todo a dependencia dos medios das axencias.
  2. Redundancia cíclica. Determinados acontecementos teñen unha frecuencia diaria, outros semanal, outros mensual, trimestral ou anual. Isto fainos previsibles para a documentación.
  3.  Efecto Mateo. Uns poucos personaxes concentran o interés dos medios e aparecen nomeados en moitas noticias, mentres que moitos outros, aparecen citados polos medios cunha menor frecuencia, co conseguinte desequilibrio para o tratamento da información relativa ás persoas.
  4.  Multiplicidade de soportes. Teletipos, noticias impresas, comunicados de prensa, gravacións radiofónicas, materiais visuais e audiovisuais.
  5.  Fragmentación da mensaxe. As mensaxes informativas transmítense fragmentadas polo ritmo de captación dos acontecementos, diferente ao da publicación ou edición dos medios.
  6. Latencia. A información de actualidade caduca aparentemente, pero calquera feito pechado pode reabrirse e pode devolver o protagonismo a personaxes e feitos con independencia da súa antigüidade.
  7. Documentos compostos. Textos con fotografías e gráficos.
  8.  Lei do mínimo esforzo. Non se adoita dispor de tempo físico dabondo para tratar a información dun xeito elaborado.
  9.  Estratificación de usuarios e usos. Trabállase para usuarios moi diferentes na súa especialización e nos seus obxectivos.
  10.  Relatividade de significado. Os documentos xornalísticos cambian o seu significado en distintos contextos e admiten interpretacións diversas por parte dos usuarios.

Unha última característica do discurso informativo podería ser a omisión. Os textos xornalísticos omiten sempre información, voluntaria ou involuntariamente. A omisión pode ser doxológica cando se  oculta deliberadamente información. Pode ser manipulativa (o ausente actúa como reforzo adicional do expresado), neutral (dáse por sabido o omitido), agnósica, cando se omite o que se descoñece, é involuntaria. E por último, a omisión imposta, exercida por razóns de espazo ou tempo.

Funcións

Existen unha serie de funcións propias da documentación informativa.

a) Produción de información. A documentación xera nova información, polo que a posibilidade de información, poténciase coa documentación.
b) Mellora da calidade e credibilidade da información. Un proxecto ben documentado fará que sexa fiable e de calidade. 
c) Almacenamento e conservación. Todo aquilo que estea ben almacenado poderémolo volver encontrar. Haberá que almacenalo no soporte axeitado e deberá estar nun lugar onde poidamos localizalo. Así mesmo, poderémonos beneficiar de todos os documentos que foran almacenados e conservados correctamente por outros investigadores.
d) Difusión e reutilización. A información ben documentada e almacenada poderase volver a utilizar nun futuro. A reutilización da documentación é imprescindible para levar a cabo a produción de información.

Finalidade

Ó longo dos anteriores apartados xa se podía entrever a utilidade ou finalidade do proceso de documentación informativa. A continuación, unha relación dos mesmos:
I. Buscar información: localizala, contrastala e valorala. 
II. É útil á hora de determinar o tipo de información que se necesita para elaborar un determinado traballo. 
III. Permite organizar, é dicir, arquivar, clasificar e ordenar, calquera material que se vaia acumulando.
IV. Almacenar todo o noso traballo para que nós mesmos ou outros profesionais poidan localizalo.
V. Recuperar e difundir documentos de utilidade.
VI. Axuda a adquirir, coa práctica, un criterio de selección imprescindible para obter a información máis útil, novidosa e completa, que sirva para documentar o traballo que se estea a realizar.

Centro de documentación nun medio:  funcións, características e fins

Un Centro de Documentación é aquel que examina e avalía minuciosamente as fontes primarias e secundarias de información técnica e científica, isto inclúe documentos comerciais, históricos e outros. A súa función básica é a de transformar fontes primarias de información científica e técnica en produtos que sexan utilizados directamente polos usuarios do Centro de Documentación.
A documentación informativa, xa sexa impresa, iconográfica, sonora ou audiovisual, é hoxe en día unha esixencia de todos os medios de comunicación que necesitan dispoñer dun servizo documental rápido e eficaz. Debe ser capaz de ofrecer ao profesional o documento adecuado para ampliar ou confrontar as súas noticias no menor tempo posible. A gran competencia dos medios audiovisuais e o desenvolvemento cultural da audiencia, demanda unha mellor e máis preparada información. Poderiamos dicir que a documentación relacionada coas Ciencias da Información ten dúas vertentes. Por unha parte os profesionais acoden a centros de documentación de carácter científico ou investigador, onde utilizan as fontes específicas de cada materia para elaborar o seu traballo, e por outro, dá lugar á creación de centros de documentación dentro das empresas informativas, nas que os documentalistas manexan fontes de información de temática xeral que serven para a produción de noticias.
Para sintetizar os propósitos do Centro de Documentación, clasificarémolos deste xeito:


- Recompilar información de todo o investigado sobre unha área temática en particular e ben definida.
- Analizar e avaliar a información investigada ou recompilada.
- Agrupar e almacenar a información recompilada en ficheiros.
- Transmitir a información obtida aos usuarios interesados por medio de servizos de alerta, publicacións e respondendo a consultas.


En canto á organización do Centro de Documentación, posúe tres características principais. 

-> A división de Biblioteca. Encárgase de todas as coleccións do Centro de Documentación (adquisicións, catalogación, almacenamento, conservación).
->  División de Documentación. É a encargada de procesar as informacións recompiladas ou por propia iniciativa, prevendo os requisitos nacionais ou a longo prazo de documentación e información científica e técnica. 
-> División de publicación: permite agrupar, editar e reproducir por impresión, fotocopia, duplicación ou outros procedementos, calquera número de copias que serán facilitadas aos científicos ou divulgadas a través do país e cambiadas con centros estranxeiros de documentación.



Bibliografía

Marcos Recio, Juan. “Concepto de documentación” [en línea]. Universidad Complutense de Madrid. Facultad de Ciencias de la Información, <http://www.ucm.es/info/multidoc/prof/periodismo/Curso2004_tem_periodismo3.htm>, [Consulta: 12 outubro 2012]

A.Bernales, Emilio. “Archivología y Documentación” [ en liña]. Departamento de Bibliotecología,
Valle Gastaminza, Félix del. “La documentación: concepto y contexto científico” [en línea]. Universidad Complutense de Madrid. Facultad de Ciencias de la Información, <http://www.ucm.es/info/multidoc/prof/fvalle/tema2.htm>, [Consulta: 12 outubro 2012]

Arellano Pardo, María del Carmen. “La Documentación Informativa” [en liña]. Universidad Rey Juan Carlos,